| Baile galego "Semente da arte galega" |
|
![]() "Semente da Arte Galega” naceu como grupo de baile e música tradicional en 1986, na sede do C.S.C.R. de Beade, froito da iniciativa veciñal para promover a cultura por medio de actividades relacionadas coa música, danza, canto, deporte, etc. Co paso dos anos, o pequeno grupo inicial foi adquirindo gran relevancia dentro dos grupos folclóricos da zona, chegando a conseguir primeiros postos en varios certames. O redor de 50 persoas, de idades comprendidas entre os 6 e os 28 anos, forman o grupo actual. Dúas son as categorías nas que se divide a agrupación:
Coas súas pezas (muiñeiras, ribeiranas, carballesas, piruxaldas, redondas, regueiras, fandangos, vals, xotas, etc.) “Semente da Arte Galega” trata de combinar dous puntos de vista diferentes dentro do folclore. Un que bebe das raíces máis tradicionais, reflectindo do xeito máis fel o bo facer e bailar popular. E outro, que poderiamos calificar de coreográfico, onde o popular únese á depuración técnica e estética. Xunto o noso grupo naceron outras agrupacións culturais. Dous delas están directamente relacionadas con nos e son parte esencial do noso traballo:
Un grupo de baile non se identifica só polas danzas e a música, senón tamén polo vestiario, distintivo cultural. En Galicia existen moitas variantes de traxe tradicional, dependendo das clases sociais, oficios ou factores socioeconómicos e culturais das distintas zonas xeográficas.Nas nosas actuacións adoitamos empregar dous tipos de vestimenta:
Horarios de ensaio Adultos: os Xoves de 18:00 a 19:00 h. Escola: os Xoves de 19:00 a 20:00 h. Grupo Principal: os Xoves de 20:00 a 22:00 h. |
Baile galego
