| Historia de Beade |
|
|
![]()
Beade está situado ó Sur do centro de Vigo, a unha distancia de 6 Km., entre os ríos Xerxa e Einfonso. Limita ó norte con Valadares, ó sur e leste con Zamáns e Bembrive, e ó oeste con Sárdoma e Castrelos. A parroquia de San Estevo de Beade abrangue máis de 745 hectáreas suavemente inclinadas nunha das vertentes do Val do Fragoso, atravesadas polos ríos Xerxas, Mao, Babio e Quintián. A súa situación xeográfica a convierte nunha verdadeira atalaia dende a que se divisa a cidade de Vigo e as Illas Cíes. Esta parroquia, segundo o censo (1 de Xaneiro do 2006) realizado polo Concello de Vigo, está composta por 5.458 habitantes. A primeira referencia escrita da parroquia data de 1160, rexistrando a documentación da igrexa de Beade O control administrativo das terras de Beade, xunto ás de Zamáns, correspondeu a partires do 1371 ó Cabildo de Tui. Tras séculos de descenso de poboación, por motivo de enfermidades endémicas, de guerras e de fames, a recuperación prodúcese a finais do século XVII, reflexándose na construción da igrexia actual. Na súa fronte atópase un interesante cruceiro, de orixe descoñecida, que foi emprazado a súa ubicación actual no 1854. Non obstante, se hai algo que singulariza a Beade na comarca viguesa é a calidade das súas coñecidas cereixas. O seu cultivo ven de antigo, constituindo unha axuda para as economías familiares dos veciños. A clase de fruto que máis abunda na parroquia é a cereixa denominada "picuda", pero tamén danse outras variedades como a "branca do cedo", a "branca do tarde" e a "negra tardía". No 1985 comenzouse a celebrar a Festa-Concurso da Cereixa. A gran repercusión obtida obligou a novas edicións, sempre no primeiro domingo de xuño, ata chegar á actualidade. Asimesmo, se desenvolveron xornadas técnicas que deron lugar á creación da Asociación de Productores de Cereixas de Galicia promotores da repoblación de 50.000 cereixos. O centro Social, Cultural e Recreativo de Beade focaliza a vida diaria da zona, organizando todo tipo de actividades que consiguen unha alta participación popular. Ademáis, a parroquia conta cunha banda de música e cun clube de fútbol. |
Historia de Beade
