| Masa coral do C.S.C.R. de Beade |
|
|
Masa Coral do C.S.C.R. de Beade comeza a súa labor como formación de coralistas no ano 1985, por iniciativa dun grupo de persoas afeccionadas á música e ós cantos populares. D. Julio César Mariñas Iglesias é finalmente o director fundador desta Masa Coral que dirixirá ata o ano 1990. Esta Masa Coral actúa en público por vez primeira, o 14 de Xuño de 1987, no auditorio do C.S.C.R. de Beade con motivo da celebración da II Festa-Feira da Cereixa. A partir deste momento, a súa andaina levaraa a percorrer diversos pobos e lugares da Autonomía Galega e de fora dela. Baixo a dirección de D. Julio César Mariñas Iglesias, cabe destacar a actuación conxunta da Masa Coral co Grupo de Gaitas “Arume” do mesmo Centro Cultural, interpretando unha obra de “Moxenas”, e as misas de Nadal con acompañamento de cámara. No ano 1990 faise cargo da Coral un novo Director, D. Óscar Villar, director tamén da Coral Casablanca de Vigo. Este traballou intensamente coa Masa Coral do C.S.C.R. de Beade ata o ano 1996, destacando nesta etapa as actuacións acompañadas de órgano e o intercambio coa Coral de Alcorcón (Madrid). En Outubro de 1996 ponse a cargo da Coral o actual director da mesma, D. Rafael Pérez Dopeso que dedica a súa vida profesional á música por tódolos estudos que realiza e polo intenso traballo de dirixir a 3 corais e unha banda de música, todas elas pertencentes á provincia de Pontevedra. Con este director acadáronse grandes logros como quedar finalista no Certame de Panxoliñas de Caixanova no ano 1998 e a gravación do seu primeiro CD, conxuntamente co grupo de Cordas Clásicas do C.S.C.R. de Beade, en Setembro do ano 2001. Aínda que nas súas orixes a Coral estaba composta por 30 voces, na actualidade componse de 50 voces mixtas, tendo no seu haber diversas actuacións, tanto no Auditorio do C.S.C.R. de Beade, como noutras PArroquias e localidades españolas. No seu repertorio conta con obras e cantos relixiosos, profanos, populares e de distintas rexións españolas e estranxeiras. Así podemos destacar “Ave María no morro” de Ángel Viro, “Maite” de Pablo Sorozabal, “La Bamba” de Ramón Noble, “Maitechu mia” de Francisco Alonso, “Cesteiros de Mondariz” con letra de Juan la Vaca e arranxos de Rafael Pérez Dopeso, “Don Gil de Alcala” de Manuel Penella, etc.
|
Masa coral
