| Rondalla do C.S.C.R. de Beade |
|
|
A Rondalla do C.S.C.R. de Beade nace coa vocación de cubrir o baleiro existente dentro do C.S.C.R. de Beade, na manifestación máis popular da música da rúa. Nace no Nadal do ano 1996 con 89 membros e D. Hermitos Posada Comesaña como Director, capitán D. Aurelio Costas Guiadanes e actuando como profesor de abandeirados D. Marcelino Barreiro. Dende a súa fundación ten participado en varios certames como nos do Concello de Vigo (que se celebran tódolos 1 de Xaneiro), os do Concello de Mos, Concello de Gondomar, Concello das Neves, etc.. Na súa traxectoria ten acadado diversos premios no Certame de Rondallas do Concello de Vigo: o premio os abandeirados nos anos 1997 (primeiro ano no que participaron), 2004, 2005 e 2006; o 1º Premio á agrupación musical nos anos 2004 e 2005; e o 3º Premio, tamén á agrupación musical, nos anos 2003 ,2006,2007 e 2008. Estes premios veñen derivados do seu bo facer tanto dende a dirección de abandeirados como dende a dirección do grupo a cargo do cal, no momento de acadar algúns destes premios, estaba Dna. Puri Cabaleiro. A instrumentación que empregan é moi variada. Así, podemos disfrutar dende o son de cristos, pandereitas, castañuelas, charrascos, bombos, caixas, maracas, botellas de anís, conchas, gaitas, ata os das trompetas, saxofóns, clarinetes, tubas, bombardinos, trombóns, etc. Resaltando que o máis peculiar de todo isto, é que moitos dos seus instrumentos están feitos artesanalmente polos propios compoñentes da Rondalla do C.S.C.R. de Beade. Actualmente, forman a Rondalla un total de 77 persoas entre os cinco e os setenta anos. |
Rondalla