| Grupo de teatro "Tarantela" |
|
|
![]()
A idea do grupo naceu hai cinco anos, dunha xuntanza de mulleres da Vogalía que tiñan ganas de facer cousas distintas, e o teatro parecíalles o máis axeitado. Comezaron un tanto en broma, un tanto en serio, pero pouco a pouco esta idea foi madurando ata que o final levouse a cabo e rematou no que hoxe se chama Grupo de Teatro “Tarantela” do C.S.C.R. de Beade. No día de hoxe ven con optimismo aquel tempo pasado no que un grupo de mulleres deron un paso adiante no senso de xuntarse co único obxectivo de pasalo ben facendo teatro no seno do centro cultural. O grupo “Tarantela”, estreouse como tal o día 17 de Xuño do 2000, representando a obra “Mórdeme” de Inma Souto. Continuando coa súa andaina, e baixo a dirección de Eva Vila (actual directora do grupo), o 16 de Marzo do 2003 estrearon as obras “As laranxas máis laranxas de todas as laranxas” de Carlos Casares e a “Tía Lambida” de Eduardo Blanco-Amor. O 29 de Xaneiro do 2005, estrearon a obra “Os vellos non deben namorarse” de Castelao, no 2007 estrearon "Vostede ten ollos de muller fatal" de Enrique Jardiel Poncela. E dende o 24 de maio do 2008 interpretan a obra " O pasodo e o Presente" de Eva Vila. Na actualidade este grupo está formado por 15 mulleres e homes entre 19 e 70 anos, que disfrutan do arte de facer teatro, xa que a fin de contas “a vida non é máis que un gran escenario onde nos movemos os actores, ou sexa as persoas”. Os ensaios son os venres de 18:00 a 20:00 h. no Auditorio do C.S.C.R. de Beade
|
Teatro
