Nos primeiros anos da década dos 80 nace este grupo musical, como consecuencia da inquedanza espertada nuns mozos que descobren ao músico compostelán Adolfo Paz Campos (ó pouco tempo de residir en Beade), que logo ía ser o fundador e director do grupo. Para esta labor, toma como sede de ensaios o Centro Social, Cultural e Recreativo de Beade, adoptando o grupo o nome de “Cordas Clásicas do C.S.C.R. de Beade”.

Adolfo Paz Campos comeza ensinando solfeo aos integrantes do grupo, pasando a continuación a instruílos no manexo e dominio de instrumentos como mandolinas, bandurrias, laúdes, violíns e guitarras, de xeito que “Cordas Clásicas do C.S.C.R. de Beade” convértese no pioneiro de todos os grupos musicais que existen hoxe na Parroquia de Beade, adoptando un carácter moi particular pola concordancia que acada entre os instrumentos de púa e pulso. Aínda que no seu inicio aprenden pezas de doada execución, o traballo firme durante todos estes anos permítelles a interpretación de pezas máis dificultosas.

A amplitude e variedade do seu repertorio tradúcese na traxectoria artística deste grupo. Así, é importante destacar que os seus integrantes logran éxitos insospeitados, e os seus escenarios esténdense por toda a xeografía galega, traspasando incluso a mesma. O establecemento de diversos convenios culturais, con diferentes administracións públicas permítelles impartir un número de concertos cando menos notable. O segredo do seu bo facer ben podería estar no interese, a disciplina e sobre todo, a cordialidade que como máxima lles inculcou o seu director e fundador.

Cabe destacar que os seus integrantes lograron éxitos insospeitados percorrendo escenarios de toda a xeografía galega, traspasando incluso as nosas fronteiras. Tanto traballo deu os seus froitos limitándose non só a aprendizaxe de obras de cariz instrumental, senón tamén puidendo colaborar con solistas vocais e conxuntos corais.

Actualmente tomou a direción Ángeles Paz Silva, coa que seguiron sendo un grupo moi eficiente gravando incluso no 2.001 un disco xunto a Coral Polifónica de Beade, onde se fixeron adaptacións de distintos obras como Alborada de Veiga ou El Rey Esteban de Beethoven. É importante ter en conta que o número de partituras que este tipo de agrupación dispoñe e moi escaso, o que supuxo un gran esforzo para conseguir tantos logros.

Composición:
Na actualidade, Ángeles Paz Silva leva a dirección de “Cordas Clásicas do C.S.C.R. de Beade”, de maneira tan eficiente que xa gravaron un disco compacto, conxuntamente coa Masa Coral do C.S.C.R. de Beade. Ao redor de 12 persoas, de idades comprendidas entre os 8 e os 72 anos, forman o grupo actual, que se divide en dúas categorías:

  • Escola: onde os máis inexpertos empezan a dar os seus primeiros pasos dentro das cordas clásicas.
  • Grupo Principal: onde os máis veteranos mostran nos escenarios as pezas aprendidas nos ensaios.