O Grupo de Teatro “Tarantela” estreouse como tal o día 17 de xuño do 2.000, representando a obra “Mórdeme” de Inma Souto. Continuando coa súa andaina, e baixo a dirección de Eva Vila, o 16 de marzo do 2.003 estrearon as obras “As laranxas máis laranxas de todas as laranxas” de Carlos Casares e a “Tía Lambida” de Eduardo Blanco-Amor. O 29 de xaneiro do 2.005, ve á luz a obra “Os vellos non deben namorarse” de Castelao, levada por moitos dos escenarios da nosa Comunidade. A continuación de ésta, o grupo estrea “Vostede ten ollos de muller fatal” de Enrique Jardiel Poncela, sendo representada por toda a Provincia durante dous anos.

Con Mónica Costas como directora, realizan a montaxe de “O pasado e o presente”, trama que mantivo o grupo na temporada 2.010 – 2.011. Un ano máis tarde, representan “O Cadávre do Sr. García”, unha comedia da que é autor Enrique Jardiel Poncela.

No 2.013 estrearon “O achado do Castro”, unha adaptación da obra de Manuel Núñez Singala.

Na súa etapa con Rocío Salgado de directora, no 2.016 presentan “Un cadáver ás dez” de María Luz Castro, seguido de “A terapia do doutor Menguele”, unha adaptación da obra orixinal “La maté porque era tuya”. (Non está relacionado co doutor que realizaba práctica durante o nazismo.); e “Retais teatrais en épocas virais”, obra realizada durante o confinamento que está dividida en sketches.

Na actualidade están a representar “O Milagre de Santa María Juana”.

Actuacións destacadas:

  • VI Mostra de Teatro Amador Terras do Orcellón (O Carballiño)
  • XXV SETIC – SEmana de Teatro Intergeneracional en la Calle (Villabalter – León)

Sinopse : “O MILAGRE DE SANTA MARÍA JUANA”

Un tranquilo convento na época de Nadal, onde unha nova monxiña quere actualizar a tenda e revitalizar as ventas dos productos. Pero un erro nos cálculos fai que todo se volva un pouco turbio… e non moi legal. Acabarán todas as monxiñas no cárcere ou Santa María Juana fará o seu milagre?