MAGOSTO
O Magosto designa a unha celebración festiva e popular, tradicional en toda Galicia en torno á recollida das castañas nos meses de outono. Ao redor dunha fogueira na que se asa o froito do castiñeiro e outro manxares da nosa terra como o chourizo, cóntanse lendas e contos populares nos nosos montes, onde amigos e familia disfrutan dun día xuntos de festa e troula.
No Centro Cultural de Beade tamén se ten como tradición conmemorar esta festa tradiconal, onde poder degustar as típicas castañas asadas, chouripans recén feitos, viño e doces amenizados con música popular galega por parte das nosas agrupacións de Gaitas e Pandereteiras. Un día de festa onde a partir dun froito tan común da nosa terra nos reunimos e gozamos do noso folclore e da nosa cultura.