O domingo 7 de xaneiro foi outra xornada intensa de traballo para os membros da Rondalla do C.S.C.R. de Beade.
Comezaron a aventura pola mañá, levando a súa música polas rúas de Sabarís.
Tras un descanso para o xantar, viaxou ata O Porriño para participar no tradicional “Certame de Rondallas do Porriño”.
A nosa formación comezou o acto cun pasacalle desde a rotonda limítrofe co Concello de Mos, dando paso á intervención dentro do Pavillón Municipal dos Deportes.
A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade agradece ás organizacións de ambos eventos polo seu convite.
Esta semana poñemos o punto e final á temporada co “V Certame de Rondallas de Vigo” (sábado no Pavillón das Travesas) e o “VI Concurso de Rondallas” (domingo no IFEVI).
Vémonos todas e todos!


