Como parte do noso compromiso continuo co apoio e a promoción da cultura local, impulsamos as exposicións artísticas.

Na A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade recoñecemos o valor e o talento dos artistas da nosa cidade, polo que lles queremos brindar unha plataforma onde poidan exhibir e compartir as súas obras de arte coa comunidade, fomentando así a apreciación e o diálogo en torno a arte.

Coa nova expansión das nosas instalacións, creamos un espacio adicado exclusivamente a exposicións de artistas. Este novo espazo conta cunha galería de arte moderna e versátil, deseñada para realzar e exhibir unha ampla variedade de obras de arte en diferentes estilos e formatos.

O noso obxectivo é ofrecer aos artistas emerxentes e establecidos unha oportunidade de amosar o seu talento e creatividade a través de exposicións individuais e colectivas. Queremos fomentar a diversidade e innovación artística, polo que estamos abertos a diferentes disciplinas, como pintura, escultura ou fotografía.

Arte e cultura para todos!