A Rondalla do C.S.C.R. de Beade nace no ano 1.996 coa vocación de cubrir o baleiro existente dentro do C.S.C.R. en canto á manifestación máis popular da música, máis achegada ás nosas rúas, propia da etapa do Nadal e co obxectivo que o seu propio nome indica: cubrir as “rondas típicas de anuncio da chegada das épocas festivas”.

A primeira formación está integrada por 89 compoñentes, tendo como director a Hermitos Posada Comesaña, Aurelio Costas Guiadanes exercendo as labores de capitán e Marcelino Barreiro complementando como profesor de abandeirados.

Dende a súa fundación leva o seu repertorio polas rúas da parroquia e participa en diferentes certames da provincia de Pontevedra: Vigo, Mos, Gondomar, Redondela ou As Neves.

Tras varios anos onde a cultura foi quen de vivir un dos momentos máis críticos por mor da Covid-19, a formación actual componse de 60 rondalleiros e 9 abandeirados, tendo como director a Antonio Rodríguez, Leticia Prado exercendo de capitana, Noelia García capitana de abandeirados, Santiago Garrido como segundo capitán de abandeirados e Antonio Alfaya e José Miguel Fernández como delegados.

Unha das peculiaridades desta formación é que a instrumentación empregada está realizada polos propios compoñentes da rondalla, sendo moi variada e particular, entre os que están: cristos, pandeiretas, castañolas, charrascos, bombos ou caixas. Tamén consta de: maracas, botellas de anís, cunchas, gaitas, paos de ferrinchas, trompetas, saxos, clarinetes, tubas, bombardinos e trombóns.

Premios:
Na súa traxectoria ten conseguido diversos premios no Certame de Rondallas antedito do Concello de Vigo. Isto é grazas á labor desenvolta polos directores que se suceden: Marcos Castro, Iris Álvarez, Puri Cabaleiro, Soraya Román e Adrián Gregores.

  • “Abandeirados”:
    • Edicións de: 1.997 (primeiro ano en participar); 2.004; 2.005; 2.006; 2.008; 2.009; 2.011 e 2.018.
  • “Agrupación musical”:
    • 1º Premio nas edicións de: 2.004; 2.005 e 2.008.
      2º Premio nas edicións de: 2.007 e 2.009.
      3º Premio nas edicións de: 2.003; 2.006 e 2.011.