Primeira representación do ano para “Alvariño Concueiro”, obra coa que o Grupo de teatro Tarantela está a celebrar o seu 25 aniversario enriba das táboas.
O público da A.V.C.D. “Monte da Mina” de Castrelos será quen de observar as situacións tan peculiares ás que se ven sometidos uns pacientes nunha sala de espera.
A función, que terá lugar o sábado 15 de marzo ás 19:00 h., está enmarcada dentro da celebración do Día Internacional da Muller.
Vémonos todas e todos!


