BASES E CONVOCATORIA DO CONCURSO DE CARTEIS DA “XXXVII FEIRA – FESTA DA CEREIXA”
Primeira.- Obxecto
A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade convoca o concurso de carteis da “XXXVII Feira – Festa da Cereixa”, tendo como bases as que se detallan a continuación:
- Poderán participar neste concurso todos os xóvenes entre 8 e 16 anos que pertenzan á parroquia ou colexios e Instituto de Beade, así como os que non sendo dela, son socios ou fillos de socios da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade.
- Trátase coma tema debuxar o cartel anunciador da “XXXVII Feira – Festa da Cereixa” ou debuxo artístico coa temática de dita froita.
- En cada traballo será obrigatorio poñer o título da festividade “XXXVII Feira – Festa da Cereixa” e a data “1 e 2 de xuño de 2024”.
- A técnica do debuxo será libre, quedando á elección dos participantes, coa única limitación do seu tamaño máximo: 50×40 e debuxado en “dirección vertical”.
- No reverso do cartel deberán figurar os datos persoais do autor e, no seu caso, o curso e colexio ao que pertence.
- A data tope de presentación dos traballos será o venres 5 de abril ás 21H.
- Todos os carteis presentados estarán expostos ao público na Sala de exposicións do Centro Cultural desde o luns 8 de abril.
Segunda.- Premios
Os premios establecidos para este concurso serán os seguintes:
PRIMEIROS PREMIOS
- Cartel anunciador: un agasallo.
- Cartel artístico: un agasallo.
SEGUNDOS PREMIOS
- Cartel anunciador: un agasallo.
- Cartel artístico: un agasallo.
TERCEIROS PREMIOS
- Cartel anunciador: un agasallo.
- Cartel artístico: un agasallo.
Terceira.- Composición do xurado e criterios de valoración
Os criterios de avaliación do concurso estarán determinados por un xurado composto por persoas vinculadas ás artes creativas e cultura.
Cuarta.- Resolución do concurso
A decisión do xurado farase pública no seu momento por este Centro Cultural a través das súas canles de divulgación.
Unha vez publicada a resolución, a A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade porase en contacto co colexio / instituto / premiado para comunicarlle a data e lugar onde se realizará a entrega de premios.
Beade – Vigo, a 16 de xaneiro de 2024
A XUNTA DIRECTIVA


