A Sala de exposicións do C.S.C.R. de Beade acolle “CASA”, de Laura Cid Rascado.
TEMA DA EXPOSICIÓN
«CASA» quere achegar ao espectador ao mundo que rodea á artista tanto lugares como persoas. Estas, se representan mediante animais xa que Laura, asocia unha persoa cun animal, con características e aspectos parecidos, para así capturar a súa esencia o mellor posible.
A exposición mostra unha serie de ilustracións, de acuarela e lápis de cores, onde plasma o seu sentimento de fogar.
BIOGRAFÍA
Laura Cid Rascado graduada na Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo en 2022 e co Grado Profesional de Música dende o 2020. Integrante da Banda de Música de Beade. Participante da Residencia Literaria na Illa de San Simón no 2023. Actualmente cursando o ciclo de Educación Infantil e dando clases de pintura e manualidades a cativos.
O seu traballo de fin de grado, un libro en acordeon, foi exposto no Museo MARCO de Vigo en 2022 grazas a unha beca de Marta Ortega, «Future Stories». E en 2023 gaña o III Premio de Álbum Ilustrado Albert Quiñoi con «Maruchi e o gancho»
DATOS DE INTERESE
Título: «CASA»
Artista: Laura Cid Rascado
Datas: do 15 de xuño ao 15 de xullo
Horario de visita: luns a domingo de 10:00H. a 21:00H.
Lugar: Sala de Exposicións do Centro Cultural de Beade – Ctra. Coutada, 42 Beade, Vigo.


