A Banda de Cornetas, Gaitas e Tambores “Ría de Vigo” ten a súa primeira actuación e presentación no ano 1.999, coincidindo coa “III Festa dos Callos”.

No aspecto propiamente de banda de cornetas, destaca a especial singularidade en canto á conxunción do seu instrumental tan variado e heteroxéneo, formado por gaitas, cornetas, trompetas, tambores, bombos, platillos e lira, convertíndoa en peculiar en Galicia.

Composición:
Na actualidade está formada por arredor de 25 de compoñentes de diferentes idades, que van dende os 16 ata os 70 anos, tendo como director a Jesús Alonso Fernández.

Actuacións:
Esta banda ten actuado en marchas diversas, procesións, pasarrúas en festas, desfiles de todo tipo de festexo e recintos pechados, como:

  • Apertura do día grande da “Feira – Festa da Cereixa”.
  • Desfile na “Festa do Monte” de Beade.
  • “Festas patronais na honra de Santa Ana”.
  • “Festa dos Vellos”.
  • Actos da “Reconquista de Vigo”.
  • Semana Santa de Vigo e Bouzas.
  • “Batalla de Rande”.
  • “Festa de San Roque do Monte” en Vilanova de Arousa