O domingo 5 de novembro ás 18H. vaise celebrar no auditorio do C.S.C.R. de Beade a «Gala benéfica a favor da Asociación Española Contra o Cancro».
No evento, presentado por Carlos Veleiro e Rocío García, participarán o Grupo de baile galego «Semente da Arte Galega», Grupo de gaitas «Arume», Grupo de pandereteiras «A volta do Demo», Pasión Flamenca e a Escuela de Danza Miriam Pino.
Este acto benéfico conta coa colaboración da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade, Pasión Flamenca e a Escuela de Danza Miriam Pino.


