A piques de comezar un novo curso, a A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade vai realizar unha xornada de portas abertas do Grupo de baile galego «Semente da Arte Galega».
Se convida a toda a veciñanza a vivir o folclore da man de Paula Sotelino, persoa encargada de impartir a clase.
Vémonos todas e todos o sábado 20 de setembro ás 11:00h. nas instalacións da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade, non faltedes!


