GRUPO DE SEVILLANAS DO CSCR DE BEADE
O Grupo de sevillanas do C.S.C.R. de Beade fúndase no ano 2.022 baixo a dirección de Mónica Raposo. A través dos seus bailes, esta formación composta por 7 mulleres transporta ao espectador cara terras andaluzas, destacando os movementos elegantes e o sorriso na faciana.
Para a nova temporada agardan seguir crecendo en número de compoñentes e formar unha canteira de bailaoras, composta por nenos e nenas en idade escolar.
