Dentro do “Programa de Avellentamento Activo – Vigo, cidade amiga dos maiores”, ponse en marcha unha nova iniciativa “Bailes en Vigo”, que ten por finalidade incrementar a oferta existente de alternativas de lecer e tempo libre nas fins de semana para as persoas maiores, que favorezan aínda máis a súa socialización e, ao mesmo tempo, o coñecemento da nosa contorna mediante a realización de bailes sociais nas diferentes entidades e asociacións de todas as parroquias de Vigo, contribuíndo a favorecer a vida saudable, a prevención da dependencia e reducir a soidade non desexada.
Información do baile:
Actividade gratuita, de baile social con música orientada e adaptada aos diferentes gustos, acompañada pola animación do programa de avellentamento activo, que se celebrará o sábado 13 de decembro nas instalacións da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade en horario de 19:00 a 22:00 horas.
Esta actividade está financiada polo Concello de Vigo para as persoas maiores de 65 anos, que poderán ir soas ou acompañadas. As prazas estarán limitadas ao aforo do local e non require de inscrición previa.
Ademáis contaráse co servicio de cantina/cafetería do que dispoña a propia entidade, para poder amenizar e acompañar ao baile (consumicións non incluidas na actividade).


