“SERMAS BEADE”, nome que leva a nosa comparsa de entroido, participou o sábado 10 de febreiro no desfile de comparsas de Vigo.
Con máis de 100 compoñentes, os veciños e veciñas da parroquia foron quen de representar polas rúas da nosa cidade un tema de rigurosa actualidade.
Galería fotográfica: nas redes sociais de Facebook, Instagram e X hai dispoñible unha selección cos mellores momentos vividos alí.
Próxima parada: sábado 17 de febreiro en Bembrive!


