Unha sección do Grupo de baile moderno do C.S.C.R. de Beade visitará o domingo 16 de xuño a Porta do Sol para participar en “Vigo bailando” da man de Vigo por la danza.
Dando comezo ás 18:15 h., o espazo contará con cadeiras limitadas, tendo preferencia aquelas persoas con mobilidade reducida e mulleres embarazadas.
Este acto forma parte da programación da terceira edición de TAC! Festival de Arquitectura Urbana, organizado polo Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana en colaboración co Concello de Vigo, a Fundación Arquia e co apoio do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.


