A Rondalla do C.S.C.R. de Beade estará presente no “VI Concurso de Rondallas” que organiza a Federación de Rondallas da Área Metropolitana de Vigo.
A nosa formación será unha das quince rondallas que compitan este 14 de xaneiro a partir das 17H. no IFEVI, recinto que acollerá preto de 1.200 rondalleiros.
As entradas, cun custe de 3€ por unidade, poden mercarse nas nosas instalacións de luns a venres na secretaría en horario de 9H. a 15H. e de 17H. a 21H. ou na cafetería en horario de 10H. a 22H.


