A Masa Coral do C.S.C.R. de Beade estará presente no “14º Día de ACOPOVI”, evento organizado por ACOPOVI que terá lugar o domingo 26 de xaneiro ás 18:00h. no Teatro Afundación de Vigo.
A nosa formación compartirá cartaz coa Coral Polifónica Riomao, Coral Polifónica Allegro e o Coro de Cámara Rías Baixas.
Ademais, durante o transcurso do acto se realizará a entrega do Premio ACOPOVI 2025 a unha vida entregada ao mundo coral e o Premio ACOPOVI 2025 ao apoio ás corais de Vigo.


