O noso atleta Ángel Rodríguez ven de acadar o récord galego Sub 12 nos 1000 m.l. cunha marca de 3:02.17
Esta crono, realizada o pasado venres 12 de xullo no Centro Galego de Tecnificación Deportiva, Pontevedra, baixou en máis de 1 segundo a anterior (3:03,35), que levaba establecida dende o ano 2015.
Moitos parabéns e a seguir sumando experiencias!


