Chega unha nova edición de «Beade en Pasarela», o desfile de moda organizado pola Asociación Xuvenil de Beade en colaboración da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade.
Tendo lugar o sábado 26 de abril ás 18:00H no auditorio do Centro Cultural de Beade, máis de cen modelos amateurs con idades comprendidas entre os 6 meses e 74 anos desfilarán para 13 casas comerciais.
Ademais, o evento contará coa presenza de dúas perruquerías, unha floristería e fotógrafos, así como tamén espectáculos escénicos e musicais.


