Aproveitando a ponte festiva, as nenas e nenos poden realizar as súas cartas a Papá Noel e aos Reis Magos e facerllas chegar a través do buzón máxico que temos nas nosas instalacións.
A Xunta directiva da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade quere agradecer a Carpintería Beade Capital a creación e doazón deste buzón tan especial que se encherá dos soños e desexos da cativada.


