O Grupo de baile moderno do C.S.C.R. de Beade ven de participar na Cabalgata de Reis 2024 de Vigo celebrada este venres 5 de xaneiro polas rúas da cidade.
As rapazas e rapaces foron quen de acompañar as Súas Maxestades cunha caracterización e baile baseados no mar e fantasía.
Sen dúbida unha gran experiencia para todos eles, que de seguro lembrarán de por vida.
Finalmente, damos as grazas á organización por darnos a oportunidade de formar parte deste máxico día.


