Ourense e Beade déixannos unha fin de semana chea de grandes novas para os atletas do C.S.C.R.
Comezamos o resumo co acaecido no Campionato de España de Atletismo Sub16 Short Track 2025, tendo lugar na provincia veciña de Ourense e no que Xoel Franco proclamouse campión de España na carreira dos 1.000 m homes.
Na súa semifinal, disputada o 15 de marzo, rematou en primeiro lugar cun tempo de 2:47.69, dándolle o pase á final que tivo lugar durante a mañá do domingo 16.
A marca acadada polo atleta na proba decisiva foi de 2:34.47
Esa mesma mañá de domingo 16 de marzo sitúanos no XLVII Cross Escolar do Colexio Coutada – Beade, que contou cunha ampla participación dos nosos atletas.
Entre os resultados destacan as primeiras posicións de Lucas Costas (1º cadete masculino); Aicha Vila (1ª infantil feminino); Ángel Rodríguez (1º infantil masculino); Fernanda Mateo (1ª alevín feminino); Antón Fuentes (1º alevín masculino).
O segundo chanzo do podio estivo protagonizado por Olivia Smith (2ª cadete feminino); Xoana Silva (2ª infantil feminino); Noa Lago (2ª alevín feminino); Allie Cellerino (2ª benxamín feminino); Mauro García (2º benxamín masculino) e Alba Lago (2ª prebenxamín feminino).
No terceiro lugar están os nomes de Lara Pérez (3ª cadete feminino); Daniel Currás (3º cadete masculino); Irene Burgos (3ª infantil feminino) e Deva Pallás (3ª alevín feminino).
Parabéns a todas/os as/os atletas que participaron. Que continúe a aprendizaxe!
Fotografías: Alfonso Vázquez/ Lorena Páramo


