Continuando co repaso da xornada deportiva que tiveron as nosas atletas durante o 17 de maio, coincidindo co Día das Letras Galegas, no Estadio Municipal de Calabagueiros (O Barco de Valdeorras) as alevíns femininas do C.S.C.R. de Beade acadaron a posición de bronce no Campionato Xunta de Galicia de Clubs Sub 12 tras unha mañá moi disputada.
Os resultados foron os seguintes:
Candela Alonso: 1ª na altura
Lena Riera: 2ª nos 1000ml
Fernanda Mateo: 3ª nos 500ml
Laia Gesto: 3ª nos 2000 marcha
Relevo (Valeria Sende, Candela Alonso, Fernanda Mateo e Lena Riera): 4ªs no 4×60
Ariadna Ubeira: 6ª no peso
Deva Pallás: 8ª na pelota
Valeria Sende: 9ª nos 60ml
Xulia Vázquez: 9ª na lonxitude
Noraboa a todas, unha meritoria posición grazas as súas participacións e puntos acadados. A continuar coa aprendizaxe!


