Durante a segunda fin de semana de maio os nosos atletas competiron facendo equipo co AVA no Campionato Xunta de Galicia de Clubs Sub 16 e no Campionato Xunta de Galicia de Clubs Sub 20, probas nas que tiveron unha boa actuación.
O sábado 11 de maio disputouse o Campionato de Clubs Sub16 nas pistas da UDC da Coruña.
O domingo 12 de maio foi a quenda do Campionato autonómico de clubs Sub20 nas pistas do Gregorio Pérez Rivera de Lugo.
Destaca outra mínima acadada en 1500 obstáculos polo noso atleta Xoel Franco.
Noraboa a todas/os!


