Os nosos atletas visitaron o domingo 7 de xaneiro Ribadavia para participar no Campionato Xunta de Galicia Individual e de Clubs: Sub 16, Sub 18, Sub 20, Sub 23 e Absoluto de Campo a Través.
Destaca a actuación de Xoel Franco, que ven de proclamarse novo campión galego desta edición autonómica na categoría Sub 16.
Ademais, cómpre mencionar que se trataba do seu debut nesa categoría.
Noraboa, Xoel!


