A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade ven de presentar a programación da «Cereixa de outono» correspondente ao mes de novembro, estando presentes a gastronomía, a música de bandas e a solidariedade.
A «Gala benéfica a favor da Asociación Española Contra o Cancro» abre a actividade no Auditorio do C.S.C.R. de Beade cun acto solidario no que estarán presentes o Grupo de baile galego Semente da Arte Galega, Grupo de gaitas Arume, Grupo de pandereteiras A Volta do Demo, Pasión Flamenca e Escuela de Danza Miriam Pino. A cita terá lugar o domingo 5 de novembro ás 18:00H.
Seguidamente, a gastronomía será a protagonista co «Magosto», festividade onde non faltarán as castañas e a música da man do Grupo de gaitas Arume e do Grupo de pandereteiras A Volta do Demo. O evento está programado para o sábado 11 de novembro a partir das 19:00H. nas instalacións da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade.
Finalmente, a música de bandas chega ao Auditorio do C.S.C.R. de Beade co «Concerto de Santa Icía», evento organizado pola Banda Escola de Música de Beade. O concerto está programado para o sábado 18 de novembro ás 19:30H.


