A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade ven de presentar a programación cultural «Cereixa de sol» do mes de xullo.
Os actos comezarán co «Festival de fin de curso de baile moderno», evento que terá lugar o sábado 1 de xullo ás 19:00 h. no auditorio do Centro Cultural de Beade.
Nel se darán cita máis de cen bailaríns de todas as idades, pertencentes a Community Dancers do C.S.C.R. de Beade, formación que engloba diversos estilos da danza; New Era, de rango urbano e, como baile de raíz, o Grupo de Sevillanas do C.S.C.R. de Beade.
A mediados de mes, concretamente o domingo 16 de xullo ás 20:30 h., a Programación teatral da «Festa da Cultura» chega ao noso auditorio con «Un funeral para morrer coa risa», de Teatro Agarimo.
Ademais, os asistentes aos actos poderán visitar unha nova proposta artística na Sala de Exposicións do C.S.C.R., estando protagonizada pola «Mostra dos alumnos do curso de pintura do C.S.C.R. de Beade», impartido por José Miranda.


