A programación cultural da “Cereixa en flor” do mes de maio trae consigo baile e a celebración do Día das Letras Galegas.
O sábado 10 de maio de 19:00 h a 22:00 h, a A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade acolle nas súas instalacións os “Bailes en Vigo”, acto que forma parte do programa de Lecer para a Convivencia e o Benestar do Concello de Vigo.
A actividade, destinada a persoas maiores de 65 anos, ten por finalidade favorecer a socialización, a vida saudable, previr a dependencia e reducir a soidade non desexada.
Seguidamente, o sábado 17 de maio ás 19:00 h terá lugar no auditorio do C.S.C.R. de Beade o “19º Festival do Días das Letras Galegas 2025”, ofrecendo os concertos da Coral Polifónica San Pelayo de Navia, Coral Polifónica Agarimo, Coral Polifónica da U.V.C.D. de Candeán, Coral Polifónica Val do Fragoso e Coral Polifónica do C.S.C.R. de Beade.
Finalmente, a Sala de Exposicións do C.S.C.R. de Beade comezará a expoñer dende o martes 20 de maio os carteis concursantes da “XXXVIII Feira – Festa da Cereixa”, estando realizados polo alumnado do C.E.I.P. Coutada – Beade, C.E.I.P. Otero Pedrayo, I.E.S. de Beade, xóvenes da parroquia e socios ou fillos de socios da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade que non pertencen a ela.


