Coa inminente chegada da primaveira, a A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade retoma a actividade cultural da “Cereixa en flor” cun mes de marzo cheo de festividades.
O “Entroido” será o encargado de dar comezo á programación cunha festa e concurso de disfraces que estará dividido por categorías, sendo individual e colectiva.
Ademais, a cativada poderá gozar dunha serie de talleres propiamente do Entroido.
O acto, programado para o martes 4 de marzo ás 17:00H. nas instalacións da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade, está organizado pola Asociación Xuvenil de Beade en colaboración da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade.
Seguidamente, o sábado 8 de marzo ás 18:30H. se conmemorará o “Día Internacional da Muller” cun concerto de corais no que estarán presentes a Coral Polifónica de Arbo, a A.C. Coro Samertolameu, a Coral Ars Cantorum de Guillade e a Masa Coral do C.S.C.R. de Beade.
Finalmente, UMA chega á Sala de Exposicións do C.S.C.R. de Beade para amosar ao público “Miradas”, unha mostra que dará comezo o 15 de marzo e rematará o 15 de abril.


