A Sala de exposicións do C.S.C.R. de Beade abre ao público a mostra de carteis que optarán a anunciar a “XXXVII Feira – Festa da Cereixa”, evento que se celebrará durante os días 1 e 2 de xuño na parroquia viguesa.
Os visitantes poderán observar de primeira man as 114 obras realizadas polo alumnado do C.E.I.P. Coutada – Beade, C.E.I.P. Otero Pedrayo e I.E.S. de Beade.
Nos vindeiros días, un xurado composto por persoas vinculadas ás artes creativas e cultura será quen de decidir a obra gañadora, ademais de determinar o segundo e o terceiro posto na categoría de anunciador e os tres carteis da categoría artística.
PREMIOS MENCIÓN ESPECIAL DO PÚBLICO
Nesta edición, como novidade, o público será quen de decidir os tres carteis que deban levar unha mención especial.
Para elo se habilitará un buzón onde os asistentes á exposición poderán votar, ata os días previos á celebración da festividade, por aqueles que máis lle impresionen visual, artística e tecnicamente.
Datos de interese:
Título: «Concurso de carteis da XXXVII Feira – Festa da Cereixa»
Artista: alumnado do C.E.I.P. Coutada – Beade, C.E.I.P. Otero Pedrayo e I.E.S. de Beade
Datas: aberta ao público ata o 3 de xuño
Horario de visita: luns a domingo de 10:00H. a 21:00H.
Lugar: Sala de Exposicións do Centro Cultural de Beade – Ctra. Coutada, 42 Beade, Vigo.


