A Sala de Exposicións do C.S.C.R. de Beade ven de abrir ao público “Emociones en abstracto”, unha mostra de Carolina Avendaño que reflexa o seu eu máis íntimo, manifestando conversacións mantidas, momentos vividos, soños por cumplir, así como o seu amor pola natureza e o mar.
Sobre a artista:
Carolina Avendaño é unha artista plástica nada en Vigo que soubo fusionar a súa Licenciatura en Administración e Dirección de Empresas e International Business, coa súa paixón pola arte. Durante dúas décadas traballou como directiva nunha empresa pertencente ao sector da alta costura, onde a súa carreira no só lle permitiu desenvolver unha profunda sensibilidade estética, senón que tamén lle brindou a oportunidade de sumerxirse en diferentes culturas, enriquecendo o seu bagaxe persoal e profesional.
Dende xoven, Carolina atopou na arte e na escrita vías esenciais para canalizar as súas emocións, abstraerse da realidade e dar renda solta aos seus soños e imaxinación. Durante moitos anos pintou principalmente para si, explorando diversas técnicas e formándose con artistas a quenes admira profundamente.
As súas obras son unha auténtica xanela a súa alma, tendo como preferencia traballar con diferentes texturas que dotan de volume e dimensión, convertíndoas en pezas que se perciben como esculturas en bastidor.
Carolina Avendaño busca emocionar aos demais a través das súas creacións deixando un legado perdurable que siga os pasos do seu antepasado, Serafín Avendaño.
A mostra estará aberta ata o 11 de marzo de 2025, de luns a domingo en horario de 10H a 21H.
Datos de interese:
Nome da mostra: “Emociones en abstracto”
Artistas: Carolina Avendaño
Duración: do 11 de febreiro ao 11 de marzo
Lugar: Sala de Exposicións do C.S.C.R. de Beade
Horario de visita: de 10H a 21H


