Os nosos atletas se desprazaron o sábado 12 de outubro ata Ames para participar no I Cros Concello de Ames – Campionato Xunta de Galicia de Campo a través por Remudas Mixto, destacando os seguintes resultados:
Lucas Costas – 1º Sub14 Masculino
Xoel Franco – 1º Sub16 Masculino
Daniel Ameneiro – 1º Sub18 Masculino
Rubén Vázquez – 2º Sub14 Masculino
Josep Bastos – 3º Sub14 Masculino
Alejandro Mera – 3º Sub18 Masculino
Equipo Absoluto do CSCR de Beade – 8º Remudas Mixto (participaron: Francisco Pena – 1º relevo / Aldara Fonseca – 2ª relevo / Marcos Fernández – 3º relevo / Carla Guisande – 4ª relevo)
Parabéns a todas/os as/os atletas que participaron. Que continúe a aprendizaxe!


