A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade presenta o “IV Encontro de Rondallas en Beade”.
O evento, programado para o sábado 13 de decembro a partir das 16:00H., contará con participación da Rondalla do C.S.C.R. de Beade, Rondalla do C.C.A.R. Valladares e a Rondalla Airiños da Lagoa.
Nun primeiro momento realizarán un pasacalle pola parroquia cos seguintes percorridos:
Rondalla do C.S.C.R. de Beade: dende o cruce de Seixiños ata o aparcadoiro da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade.
Rondalla do C.C.A.R. Valladares: dende o cruce da Igrexa ata o aparcadoiro da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade.
Rondalla Airiños da Lagoa: dende o cruce da Igrexa ata o aparcadoiro da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade.
A continuación, o acto central terá lugar no aparcadoiro da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade, onde as 3 rondallas amosarán unha demostración do seu traballo realizado ao longo de todos estes meses de ensaios.
NOTA: o evento pode sufrir modificacións por mor da climatoloxía.


