Nova semana de moita actividade para os atletas do C.S.C.R. de Beade, que nos deixa uns excelentes resultados para continuar sumando experiencias.
Comezamos o resumo co acaecido o mércores 7 de maio no Centro Galego de Tecnificación (Pontevedra), onde o equipo tivo representación no LI Trofeo Boa Vila – II Xornada Froiz.
Dela destaca o nome de Xoel Franco, que, coa súa MMP de 4:21.18 nos 1.500m Obstáculos Homes Final, acadou marca mínima para o Campionato Nacional de España de dita proba.
Ademais, Breixo Silva realizou MMP no Martelo (4kg) Homes Final.
En canto ao Xogade – Atletismo en Pista – Vigo 2025 – Programa AB Alevín/Benxamín, disputado o venres 9 de maio na Pista de Atletismo de Balaídos (Vigo), nos achega as MMP de Bruno Alonso e Roque Gil nos 400m Homes Final; Yoel Serantes e Guillermo Pedrero nos 500m Homes Final; Mauro García na Tesoira Homes Final; Antón Fuentes na Pelota (300g) Homes Final; Sara Rosales, Allie Cellerino e Emma Pérez nos 400m Mulleres Final; María Costas e Clara Lago na Altura Mulleres Final; Allie Cellerino na Tesoira Mulleres Final; Sara Conde, Ana Olivares, Sofía Sotelo e Manuela Andújar na Lonxitude Mulleres sub-12 Final; Candela Alonso no Peso (2kg) Mulleres Final e Sara Pérez na Pelota (300g) Mulleres Final.
No referente ao Xogade – Atletismo en Pista – Provincial Pontevedra 2025 – Infantil, celebrado o sábado 10 de maio, resaltan as 2ªs posicións de Candela Alonso na Lonxitude Mulleres Final e Laia Gesto nos 2.000m Marcha Mulleres.
As 3ª posicións do equipo foron para Ángel Rodríguez nos 1.000m Homes Final e Candela Alonso na Altura Mulleres Final.
E, en canto ás MMP, están Icía Ameneiro nos 1.000m Mulleres Final e nos 80m vallas (0,762) Mulleres Final; Xoana Silva nos 1.000m Mulleres Final e na Lonxitude Mulleres Final; Aicha Vila na Lonxitude Mulleres Final e Ariadna Ubeira no Peso (3kg) Mulleres Final.
Finalizamos o resumo co acaecido no XLIV Cross Escolar Mosteiro Bembrive. Tendo lugar o domingo 11 de maio na parroquia veciña, o equipo contou cunha ampla representación e acadou 7 triunfos parciais.
Parabéns a todas/os as/os atletas que participaron. Que continúe a aprendizaxe!
Agradecementos fotografías: África / Alfonso Vázquez / Lorena Páramo


