A nosa sección de petanca ven de disputar novas xornadas de Liga correspondentes á Liga Xunta de Galicia – Sénior 2ª Masculina – SEGUNDA SUR C.
A primeira que imos mencionar tivo lugar o xoves 8 de maio na A.C.R.C. O’Torreiro de Priegue, onde o equipo enfrontouse a O Torreiro.
Ao día seguinte, isto é, venres 9 de maio, a formación achegouse ata o Bar Laura (Zamáns) para xogar contra o Outeiro.
A vindeira semana tamén se disputarán varias xornadas, facendo a primeira parada o luns 12 de maio ás 20:00h. no Asador O Rancheiro. O rival será o Bembrive.
Moita sorte, equipo!


