A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade acóllese ao programa Conectadas 2023 da Deputación de Pontevedra para ofrecer a acción formativa de «Horta Ecolóxica».
O curso, que dará comezo no mes de setembro, será impartido os venres de 17:00h. a 19:00h.
Este programa ten por finalidade mellorar a formación básica das mulleres na comunidade para favorecer as relacións interpersoais e o intercambio de experiencias, contribuír a mellorar a súa empregabilidade e o seu mantemento no mercado de traballo e reducir a fenda dixital mediante a utilización da información e as novas tecnoloxías.
Así mesmo, vai destinado a asociacións, federacións e fundacións sen fins de lucro que teñan como obxectivo e ámbito de actuación a promoción das mulleres e que apoien o seu desenvolvemento e apoderamento, o seu tecido asociativo e a paulatina consecución do obxectivo da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.
NOTA:
A acción formativa está aberta a toda a poboación da provincia de Pontevedra, aínda que as mulleres terán preferencia. En caso de quedaren prazas vacantes poderán participar homes, ata un máximo do 25 % do total das prazas. As persoas participantes deberán ser maiores de idade ou, como mínimo, e de maneira excepcional ter os 16 anos feitos.


