A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade acolle nas súas instalacións a mostra fotográfica “Sorrisos Herdados”, do CEIP Coutada-Beade e Bea Durán.
Sobre a expo:
As avoas foron sempre unha parte esencial das nosas vidas, non só pola súa sabedoría, senón polo amor e protección que brindan. O seu vínculo coas netas e os netos é un lazo que transcende xeracións, un espazo de coidado e transmisión de valores. Nesta exposición fotográfica do CEIP Coutada-Beade, o escenario das motos Vespa simboliza o paso do tempo e o desexo de avanzar, coas avoas como compañeiras que, a pesar dos anos, seguen a ser un motor de amor e apoio inquebrantables para as súas familias.
A mostra, que estará dispoñible nas instalacións da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade por tempo limitado, pódese visitar en horario de 9H a 22H.
Queremos dar un agradecemento especial á comunidade educativa por deixarnos acoller esta mostra fotográfica.


