Fin de semana de intensa actividade para os atletas do C.S.C.R. de Beade.
Nunhas xornadas onde a borrasca Martinho está a ter protagonismo, a equipa desprazouse ata o Concello de Ponte Caldelas para participar no Trofeo Gus Dacal de categorías menores.
Tendo lugar o sábado 22 de marzo, destacan as MMP obtidas por Fernanda Mateo nos 1.000M Mulleres U10-12 Final; Nicolás Vázquez nos 1.000M Homes U16 Final 2/2; Candela Alonso no Peso (2KG) Mulleres AL Final; Camino Gil nos 150M Mulleres AL Final 1/3; Emma Pérez nos 1.000M Mulleres U10-12 Final; Noa Martínez nos 1.000M Mulleres U14 Final; Lucas Costas nos 1.000M Homes U16 Final 1/2; Daniel Currás nos 1.000M Homes U16 Final 1/2; Rubén Vázquez nos 1.000M Homes U16 Final 1/2 e Pedro Acuña nos 1.000M Homes U16 Final 2/2
Así mesmo, a atleta Sabela Vázquez estivo presente na Lança Viana Março 2025, disputada esta fin de semana en Portugal, para participar no Peso 3Kg Xuvenil Feminino.
Parabéns a todas/os as/os atletas que participaron. Que continúe a aprendizaxe!
Fotografía: Mónica Guede


