A Asociación Xuvenil de Beade organiza, en colaboración coa A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade, a nova edición de “Un Beade de cine”.
Tendo lugar o sábado 12 de xullo ás 22:00H na terraza do aparcadoiro do Centro Cultural de Beade, o filme a proxectar será Barbie, polo que se convida a toda a veciñanza a acudir caracterizado de cor rosa.
Ademais, para ter unha experiencia cómoda, se recomenda ir cunha cadeira da casa e roupa que combata a noite de verán.
Vémonos todas e todos nunha xornada onde non faltarán o cine, flocos de millo, música e xogos!


