O Concello de Vigo convida ás familias empadroadas na cidade, con algún menor a cargo, a descubrir ás Illas Cíes a través da «Viaxe ás Illas Cíes para a divulgación do patrimonio xeolóxico e natural».
O programa consta de unha «Ruta de sendeirismo + visita guiada» en grupos de 25 persoas, acompañados dun guía acreditado do Parque Nacional. Durante o paseo se poderá gozar das Illas observando e comprendendo a súa riqueza xeolóxica, desde a lagoa dos nenos, a falla de Rodas e os alveolos e pías característicos da paisaxe natural das Illas Cíes; mostraranse os aspectos más destacables da riqueza xeolóxica das Illas Cíes: se coñecerá a formación das Rías e das Cíes fai miles de anos, a través da falla de Rodas que atravesa as Illas, na lagoa dos nenos.
Tamén se visitará a duna e praia fósil, para coñecer o ciclo xeolóxico: cómo o a rocha de granito chega a transformarse nun gran de area de praia e, ademáis, durante a ruta se observarán diferentes exemplos de erosión química nas formacións rochosas. Formacións tan singulares e curiosas como son os taffoni, pías e alveolos.
Pola tarde realizarase unha proba por equipos: unidades familiares ou de convivencia. A actividade é lúdica e divulgativa, relacionada coas Illas Cíes e coa ruta da mañá. Consiste en resolver unha serie de dinámicas que fomentan habilidades de coñecemento, enxeño, reflexos, entre outras, poñendo especial atención no patrimonio xeolóxico das Illas visitado.
NOTAS:
Permítense as inscricións de unidades familiares con fillos/as, empadroadas en Vigo e no mesmo domicilio. Na actividade é obrigatorio que participe a lo menos algún/hna menor de idade da unidade familiar.
O prazo de inscricións será de forma presencial o luns, 28 de agosto de 9:00H. a 13:00H. na secretaría da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade (prazas moi limitadas)
Día da saída: mércores, 6 de setembro ás 10:30H.


