NOTA INFORMATIVA:
A excursión programada a Salamanca ven de sufrir unha modificación no seu itinerario por motivos alleos á A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade, tendo a seguinte planificación:
A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade abre prazo de inscrición para unha nova viaxe que terá como destino de tres días a terras de Castela e León co seguinte itinerario:
DÍA 1:
Saída con destino a Salamanca, coñecida pola súa arquitectura ornamental de arenisca e a universidade.
DÍA 2:
Tras almorzar no hotel, os viaxeiros visitarán a Alberca, lugar que conta con praza maior e 3 ermitas.
O xantar se realizará pola zona e, a continuación, se desprazarán ata Ciudad Rodrigo, lugar que conta con muralla e catedral.
DÍA 3:
Almorzo no hotel, conferencia e xantar.
Tras elo se parará en Puebla de Sanabria, recoñecida como un dos probos máis fermosos de España para coñecer os seus monumentos e, finalmente, se iniciará o camiño de regreso.
Datos de interese:
Anotarse na secretaría da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade
Información a través do teléfono 986210967
Viaxe o xoves 2, venres 3 e sábado 4 de outubro


