A Rondalla do C.S.C.R. de Beade estará presente no “VII Concurso de Rondallas” que organiza a Federación de Rondallas da Área Metropolitana de Vigo.
A nosa formación será unha das quince rondallas que compitan o sábado 18 de xaneiro ás 17H. no IFEVI, recinto que agarda acoller preto de 1.200 rondalleiros.
Ademais, o evento será gravado para o filme “Rondallas”, dirixido polo cineasta Daniel Sánchez Arévalo.
As entradas, cun custe de 3€ por unidade, estarán á venda proximamente.


