O Grupo de pandereteiras “A Volta do Demo” participou o domingo 24 de marzo no XII Memorial Nazario González “Moxenas”.
Nazario foi unha figura que tivo unha vinculación moi forte coa nosa parroquia, creando «As Cereixas de Beade», unha peza adicada ao Centro Cultural de Beade e a Ricardo Santos que contou coa transcripción de Xaime Estévez a petición do autor. Moxenas púxolle tempo despois unha letra á segunda e á terceira parte dedicada ás mozas de Beade.
A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade quere agradecer ao C.V.C. de Valladares o convite ao acto.


