Fin de semana de intensa actividade para os atletas do C.S.C.R. de Beade.
Comezamos o resumo co acontecido o sábado 5 de abril, onde a equipa tivo representación en Vigo e Pontevedra.
Un bo número de rapazas e rapaces se achegaron ata o Estadio Municipal de Atletismo de Balaídos para participar no Xogade – Atletismo en Pista – Vigo 2025 – Programa B, tendo unha gran xornada de actividade formativa.
Destacan as MMP de Yoel Serantes na Pelota (300G) Homes Final; Laia Gesto nos 2.000m Marcha Mulleres Final; Fernanda Mateo na Altura Mulleres Final; Noa Lago na Altura Mulleres Final e nos 500m Mulleres Final 1/4; Deva Pallás nos 1.000m Marcha Mulleres Final e na Pelota (300G) Mulleres Final 1/2; Mía Lago nos 500m Mulleres Final 1/4; Xulia Vázquez nos 500m Mulleres Final 1/4 e na Pelota (300G) Mulleres Final 1/2; Cíes Rial nos 500m Mulleres Final 1/4; Icía Ameneiro no Peso (3Kg) Mulleres Final; Sara Conde nos 500m Mulleres Final 2/4; Clara Lago nos 500m Mulleres Final 2/4; Valeria Sende na Pelota (300G) Mulleres Final 1/2; Sara Pérez na Pelota (300G) Mulleres Final 1/2; Clara Roca na Pelota (300G) Mulleres Final 1/2; Antón Fuentes na Altura Homes Final; Mateo Laíño na Altura Homes Final; Sara Rosales nos 400m Mulleres Final 1/3 e Martín Alonso nos 400m Homes Final 1/3.
Na cidade do Lérez, Sabela Vázquez achegouse ata o CGTD para participar na sesión técnica do sector de Lanzamentos dentro do PGTA.
En canto ao domingo 6 de abril, o XXXVI Reconquista Trofeo Antonio Fernández acaparou a actividade deportiva para os máis novos.
Tendo lugar no Estadio Municipal de Atletismo de Balaídos e cun bo tempo, a diferenza do día anterior, cómpre mencionar a primeira posición de Xoel Franco nos 3.000m Homes Final 1/2.
Ademais, son reseñables as MMP de Sabela Vázquez no Martelo (3Kg) Mulleres Final; Yonas Pousa nos 600m Homes Final; Pedro Acuña nos 600m Homes Final; Mateo Domínguez nos 600m Homes Final; Olivia Smyth nos 600m Mulleres Final 1/2; Lara Pérez nos 600m Mulleres Final 1/2; Uxía López nos 600m Mulleres Final 1/2 e Adriana Folgar nos 600m Mulleres Final 1/2.
Finalmente, a sección de veteráns tivo representación na XXIV Medio Maratón Gran Bahía Vig-Bay.
Parabéns a todas/os as/os atletas que participaron. Que continúe a aprendizaxe!
Agradecementos fotografías: Alfonso Vázquez / FGA / Lorena Páramo / Mónica Guede


